Admisión y Selección.
En cumprimento do previsto no Artigo 4.3 do Regulamento de Estudos de Posgrao da Universidade de Vigo, o mestrado contará cunha Comisión Académica. Será función desta Comisión Académica seleccionar ao estudantado admitido no programa, priorizando as solicitudes de admisión en función da nota media do expediente académico.
Para acceder aos ensinos oficiais deste mestrado será requisito indispensable estar en posesión dun título universitario oficial español en Química, Física ou Ciencia dos Materiais ou outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a un Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de mestrado.
Matrícula